jueves, 7 de mayo de 2020

PROGRAMACIÓN - Baile de Salón

Baile de Salón

Programación

   Para facer esta programación buscamos diferentes lugares para desenrolar a actividade, queríamos que fose un lugar que conoceramos para facelo o maior concreto posible, por iso recollemos información dos diferentes lugares que residimos, pola contra, algúns xa contaban con esta actividade no seu programa de actividades, por iso, escollemos o Concello de Vilalba para propoñerlle esta actividade de bailes de salón.
   Para comezar fixemos un análise de realidade para detallar se era viable a proposta de esta actividade en concreto no Concello.


1. Análise de realidade
   Ubicación ou situación xeográfica. O Concello de Vilalba sitúase na provincia de Lugo, é a capital comarcal da chamada Terra Chá, sitúase a 34 km dende a capital provincial en dirección norte.
   O Concello conta con numeros recursos físicos nos que se podería desenrolar a actividade, conta con un conservatorio no que ten numerosos locais que podería destinarse un deles para esta actividade, no caso de non estar dispoñibel, poderíase comprobar se o horario é compatible con outras actividades para poder compartir este local, se pola contra tampouco fora posíbel, poderíase aproveitar tamén establecementos como o pabellón municipal ou o centro sociocultural xa que dispón de amplo espazo e un bo mantemento a parte das boas condicións e infraestructuras das que dispoñen. Ainda que creemos que axeitaríase moito mellor no conservatorio este tipo de actividade.


   Entorno humano e social.  No referente a poboación, Vilalba conta con 14,364 habitantes, dos cales só a terceira parte reside no caso urbán. Nos últimos anos o Concello sufriu unha pérdida de poboación debido a emigración ás cidades e da regresión do sector primario, na última década parece que houbo unha pequena recuperación pero parece que a tendencia non se invirte totalmente. 
   Para a realización desta actividade fixemos un estudo da poboación para ver a que idades sería
máis recomendábel esta proposta, o Concello proporciónanos un gráfico no que podemos sacar que é unha  tipo urna, é dicir, o Concello conta con máis poboación entre os 18 aos 54 anos, ainda que tamén ten un pico dos 60 aos 74 anos.
   Por iso propoñeríamos inicialmente a actividade para maiores de 18 anos, no caso de ter boa acollida entre os máis maiores poderíase propoñer máis adiante como actividade extraescolar para os máis pequenos.


   Cultura de actividade física. O Concello conta con numerosas actividades e con moita historia co deporte, entre as actividades dispostas hai fútbol, futsal, taekwondo, tenis de mesa, baloncesto, natación, tenis entre outras moitas actividades, nas que se desenrolan maioritariamente no pabellón, só existe unha actividade que se realice no conservatorio a parte de diferentes clases de música, e é baile contemporáneo. A vila conta con numerosos galardóns nos últimos anos coma:


   En 2012: Premios Deporte Galego. Mellor Concello na promoción da actividade física e o deporte.
   En 2015: Premios Consejo Superior de Deportes. Candidato a Mellor Concello de España.
   En 2016: Premios Galicia á Xestión Deportiva. Mellor Concello de menos de 15.000 habitantes.
   Por isto mesmo, propoñemos esta actividade porque creemos que axudaría a enriquecer o Concello e sobre todo o conservatorio, xa que polo menos dispoñería de dúas clases de baile diferente e tamén tería un maior aproveitamento esta infraestructura.


   Especificacións da actividade. A actividade irá destinada a persoas maiores de 18 anos, a nosa idea é que a actividade terá dous cursos, un de iniciación e outro de perfeccionamento, que nos servirá para axustar a cada parella e as súas características ao curso axeitado. O número en cada curso será de 10 parellas como máximo. 
   A actividade terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba, no que haberá unha clase á semana para cada curso, será os sábados as 21:30 ata as 23:00 horas, xa que este horario permíte máis flexibilidade para as persoas que teñen que traballar. 
   O custo será de 20 euros por parella mensuais.


2. Planificación
2.1 OBXECTIVOS XERAIS
• Mellorar a condición física xeral 
• Mellorar a coordinación 
• Mellorar a resistencia aeróbica 
• Mellorar o control postural
• Desenvolver a expresión corporal
• Divertirse e socializar


2.2 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
• Controlar a correcta colocación do corpo en cada estilo.
• Dominar a coordinación e o desenvolvemento de todos os movementos.
• Executar con musicalidade os movementos que configuran a danza.
• Aplicar os coñecementos técnicos e estilísticos adquiridos.
• Distinguir as diferentes modalidades de baile e a súa música.


2.3 OBXECTIVOS OPERATIVOS
• Realizar os pasos base de cada estilo.
• Realizar o xiro básico para cada estilo.
• Dominar o baile aberto e baile pegado.
• Controlar o ritmo e a coordinación cos pés e cadeiras.
• Controlar o ritmo e a coordinación con tronco e brazos.


2.4 CONTIDOS


Bloque de contidos: Fundamentos técnicos
1. Paso Base en posición aberta e cerrada

Bachata
Cadrado
Marco
Paso 4 tempos
Cumbia
Paso atrás
Paso cruzado
Merengue
Pisada cadeira
Paso marcado
Paso atrás
Paso adiante

2. Xiro

Bachata
Xiro no sitio
Xiro con desprazamento
Marcar xiro en parella
Cumbia
Xiro de pivote
Xiro clásico
O cristo
Merengue
Xiro cara dereita no sitio
Xiro cara esquerda no sitio
A ponte

3. Coordinación e ritmo musical

Bachata
Cadeira, pés
4/4 tempo por compás
Cumbia
Cadeira, pés
8/8 tempos, bailando diferentes ritmos como 3/8
Merengue
Ombros, pés
4/4  tempos
2/4  bailando



3. Sesións
   Esta actividade levarase a cabo cun grupo de 20 participantes no curso de iniciación e outros 20 participantes en perfeccionamento, o cal serán 10 parellas en cada curso. Eleximos esta formación de grupos para adecuar a cada parella ao seu nivel máis axeitado. A actividade será levada a cabo nos meses de setembro a xuño, todos os sábados en horario de 21:30 a 23:00 no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba, na aula 4 (iniciación) e na aula 3 (perfeccionamento).


   As sesións serán impartidas por dous monitores en cada aula.
- Os métodos de aprendizaxe que se usarán principalmente nesta actividade serán: 
   Estilos socializadores, estilos participativos como a microensinanza e a ensinanza recíproca, na que as veces algunha parella servirá como modelo para ensinar algun paso ou baile, tamén habrá estilos individualizadores xa que ao formar dous grupos de iniciación e prefeccionamento estamos empregando o traballo por grupos e a ensinanza modulada.


- As estratexias de ensinanza e aprendizaxe empregaranse na súa maioría todas, dependendo da sesión e do que se queira buscar en cada unha, empregando práctica global sobre todo nas primeiras sesións, despois empregarase a prática analítica para aprender en concreto movementos ou pasos dos diferentes tipos de baile que toque dar en cada sesión, por suposto tamén se usará unha prática mixta xa que o baile apréndese bailando e levando a práctica todos os movementos aprendidos, por iso, en moitas sesións faremos primeiro unha práctica global, na que despois iremos a pasos e movementos máis concretos do baile que esteñamos vendo para despois levalos a cabo nunha práctica global ao remate da clase.



1ª Sesión (Iniciación e perfeccionamento)
- Día: 12 de Setembro
- Duración: 1h 30min
- Espazo: Aula 3 e aula 4 - Conservatorio Profesional de Música de Vilalba
- Obxetivos: Romper o xeo mediante o baile, desenvolvemento da expresión corporal.
- Desenvolvemento da sesión:
   Debido a que é a primeira sesión, realizarase unha pequena presentación do curso de baile e dos monitores que estaremos con eles, acto seguido, realizaranse unhos pequenos xogos musicais de presentación para que se coñezan entre os participantes.
- Estatuas musicales: Os participantes deberán bailar ao ritmo da música e facendo o que diga o monitor cando se pare a música deberán quedarse quietos coma estatuas.
- Canción xesticuladas: Os participantes deben xesticular e bailar según a letra da canción.
- Sal a bailar: Realizarase dous grupos de 10 personas, e xunto con música, sairán a bailar con outra persona do grupo contrario.


   Despois destes xogos que serviron para romper o xeo inicial e o medo a bailar, empezaremos cunhas pequenas pautas sobre o lenguaxe corporal á hora de bailar, xa que o ser humano pode realizar tamén moitos movementos e é aí onde o corpo transmite o tipo de baile, e ata incluso sentimentos, para iso realizaremos unhos pequenos xogos de danza e de dramatización conxuntamente.
- Transmite co teu rostro: En círculo, poñeremos música e teremos que transmitir coa nosa cara, todos a vez e mirándonos, o que nos transmiten as cancións que irán soando.
- Transmite co teu corpo: Igual que o xogo anterior, pero neste caso será co corpo en vez do rostro.
   Con estes xogos dará por finalizada a primeira sesión que sirve como primer contacto coa música e co baile, para perder o medo a bailar e expresarnos co noso corpo. Finalmente faremos unha pequena evaluación da primeira sesión e explicaremos o fin destes xogos.


As tres sesión seguintes que poñemos a continuación serán para o curso de iniciación.


2ª Sesión - INICIACIÓN BACHATA
 - Día: 19 de Setembro
- Duración: 1h 30min
- Espazo: Aula 4 (Iniciación) - Conservatorio Profesional de Música de Vilaba
- Desenvolvemento da sesión:
  Quencemento (con música):
 Faremos un quentamento xeneral comenzando con movementos articulares desde o tren inferior cara o superior e con estiramientos de todo o corpo, acompañados de algunhas cancións de bachata para que lles vaian soando. O calentamiento non ten que ser moi esixente nin moi cargado xa que bailar bachata non esixe un gran esforzo físico. 


   Exercicios:
- Pasos base 
  Colocamos os alumnos en 3 filas de forma que todos nos vexan para seguir os pasos, empezamos co paso de marco que é o mais común e o mais fácil e despóa seguiremos co cuadrado e o 4 tempos. Colocarémonos en frente dos alumnos en modo espello para que cando fagan eles os pasos poidamos velos. 
 Primeiro faremos nós o paso sin música e marcando os tempos para que vexan como se fai, depós, farano eles marcando todos xuntos en alto os tempos. Despós de unhos cantos intentos pondremos una canción e seguirano intentando, así con todos os pasos base, unha vez practicados os 3 pasos volverános facer pero ca súa parexa. Tendremos que estar atentos a que todos sigan o ritmo e vaian coordinados axudandoios os que non o dean feito. 


- Xiros 
   Enseñaremoslles como se fan os xiros según fagan de home ou de muller da parexa, faremos dos tipos de xiros, con desplazamento e sin desplazamento, todos faran de home e de muller para saber como é o xiro. Usaremos o mesmo método que cos pasos bases. 


- Mini-evaluación
   Unha vez consigan coller os pasos e os xiros faremos unha  secuencia xuntando 2 pasos base e un giro. farémolo cos pasos e os xiros que a eles lles apeteza xa sexan por que lles gustan o por que lles parezcan mais fáciles. Seguiremos o procedimento usado anteriormente, primeiro sen música marcando nos os tempos e despois coa música. 


Nas sesións, 3,4,5 e 6 seguiremos incidindo sobre aspectos da bachata para aprender novos contidos e pases de baile, mellorar os que xa sabemos, e bailar dunha forma máis fluída a bachata. Na seguinte sesión comezaremos co merengue.


7ª Sesión - INICIACIÓN MERENGUE
- Día: 24 de Outubro
- Duración: 1h 30min
- Espacio: Aula 4(Iniciación) - Conservatorio Profesional de Música de Vilalba
- Desenvolvemento da sesión: 
   Quencemento (con música):
- Exercicios de respiración
- Movilidade articular: nocellos, xeonllos, cadeiras, ombros e brazos
- Estiramentos


   Exercicios: 
   Unha vez realizado o quencemento, introducimos información sobre este estilo de baile explicando ós participantes as caracterísiticas e movementos que o diferenzan dos outros estilos, mentres escoitamos música deste estilo de fondo. 
   Para introducir o baile comezarase por practicar os pasos base. O primeiro será o paso hacia adiante e logo o paso hacia atrás. Unha vez que os participantes coordinen ben e executen de forma combinada estes dous pasos, introducirase o paso marcado e o de cadeira que son pasos máis complexos pero que co avance das clases os participantes conseguirán controlar.
   Outro movemento que os participantes conseguirán realizar será o xiro e tamén o movemento da ponte. O xiro poderá ser realizado cara a dereita e cara a esquerda. Os participantes comezarán realizando este movemento copaso hacia adiante, e a medida que os bailaríns vaian mellorando poderán realizar este movemento co paso hacia atrás tamén.
   Algo ao que non se lle vai a dar importancia nas primeiras sesións é á coordinación e o ritmo musical pero que a mediada que avancen as sesións vai ser unha peza fundamental na práctica deste estilo de baile. 
   Para finalizar a primeira sesión, deixaráselles liberdade ás parellas para que poñan en práctica o aprendido durante a sesión.


Nas sesión 8,9,10 e 11 seguiremos aprendendo pases e movementos sobre o merengue sen esquecer a bachata á que dedicaremos algúns minutos nas sesións para bailala e repasar conceptos. Na sesión 12 daremos comezo á cumbia.

12ª Sesión - INICIACIÓN CUMBIA
- Día: 28 de Novembro
- Duración: 1h 30min.
- Espazo: Aula 4(Iniciación)- Conservatorio Profesional de Música de Vilalba.
- Desenvolvemento da sesión:
   Quencemento (con música):
- Exercicios de respiración.
- Movilidade articular:Nocellos, xeonllos, cadeiras, tronco, ombros.
- Estiramentos.


   Exercicios:
   Practicar paso básico (paso atrás) por parellas mixtas, os homes empezan co pe esquerdo atrás e as mulleres co pe dereito atrás, realizando os pasos simultáneamente:os pasos son: cruzar pe esquerdo atrás, pisar co pe dereito no sitio e volver o pe esquerdo ao inicio, repítese o mesmo co outro pe.
   Practicar paso básico (cruzado) por parellas mixtas, os homes empezan co pe esquerdo atrás e as mulleres co pe dereito atrás, realizando os pasos simultáneamente. Os pasos son: pe esquerdo atrás, pe dereito por diante cruzando e abrir pe esquerdo e repítese o mesmo co outro pe.
   Practicar o xiro de pivote, realizando primeiro o paso básico( paso atrás) e despois realizar un xiro de pivote con 3 apoios.
   Por parellas realizar o giro de " O cristo" , relizando paso base cumbia e quedando en posición paralela, realízase o tempo 5 pisando atrás, en 6 e 7 prepárase para a vollta e despois en tempo 1,2 e 3 xírase a parella, en tempo 5 pasas o brazo por arriba da tua cabeza, en 6 e 7 cambio de lugar, cambiando posición de brazos, e en tiempo 1,2 e 3 vólvense a quedar en posición paralela.


Nas sesións 13 e 14 seguiremos ca cumbia e adicando minutos ao merengue e a bachata para seguir practicandoa. Na sesión 15 vamos facer algo moi especial para os dous cursos para poñer en práctica os coñecementos que se adquiriron ata agora no curso e disfrutar dun bo momento todos xuntos.


Sesión 15 - CENA BAILE
- Día: 19 de Decembro
- Duración: Comezo as 22 horas.
- Lugar: Restaurante A Nova Ruta
- Desenvolvemento:
   A cena comezará as 22 horas no Restaurante A Nova Ruta, o custe será de 18 euros por persona que incluirá o menú e a cea amenizada con música por un dúo contratado polo restaurante que acudirá o mesmo día. 
Cómpre confirmar asistencia para reservar mesa.
*Hai a posibilidade de alugar un autobús se así se precisa e queren os participantes*


Esta cena baile poñerá o final ao primeiro trimestre do curso, no seguinte trimestre seguirase coas sesións de baile e con outros contidos e bailes como a salsa, vals, cha cha cha entre outros, sen esquecer a bachata, o merengue e a cumbia que iranse perfeccionando gradualmente e añadindo novos pases e movementos.

Traballo realizado por Mángel, Miguel, Arturo e Ángel.